This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

VIII Carreira da Auga

O domingo día 30 celebrouse en Sada a VIII edición da Carreira da Auga, a favor de UNICEF, organizada polo  CAS e o  Concello de Sada.

Como en cada edición, o 100% do recadado tanto na carreira de 10 Km, como nas probas de cada categoría de menores, así como nas  andainas curta e longa, destínase de maneira íntegra a UNICEF, para que poidan seguir desenvolvendo o seu proxecto “Pingas para Níxer”.

E este ano volvestes demostrar a vosa solidariedade enchendo ese cheque de pingas que se van directas para as escolas de Níxer: entre todos achegastes un total de 6.730€. Moitísimas grazas!

E grazas tamén aos nosos colaboradores, sen os que nos resultaría moito máis difícil organizar e levar a cabo eventos como este.

E o agradecemento máis grande, unha vez máis, para os nosos voluntarios: sempre dicimos o mesmo, pero non hai verdade máis grande: sen vós, isto non se faría. Por ese esforzo desinteresado e polos vosos ánimos, GRAZAS.

Este ano tivemos  pódiums para o Club, pero o mellor foi a gran participación e a incrible xornada que nos fixestes pasar a todos. Moitas felicidades aos premiados, e parabéns aos todos que correstes hoxe.

Vémonos o ano que vén!

 

Tedes os resultados AQUÍ, e as fotos do día podedes consultalas na GALERÍA do Club.