This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

V Trofeo ONCE ENKI ARCECLIMA

Onte celebrouse o V Torneo ONCE ENKI ARCECLIMA nas pistas de atletismo de INEF (Oleiros).

Atletas dun total de 20 clubs galegos chegaron ás instalacións para disputar as probas, en busca das súas mellores marcas para lograr os seus obxectivos de tempada. Entre eles, por suposto, atletas da ONCE e do Proxecto ENKI que son a alma deste trofeo, e cos que facemos equipo para conseguir que cada día haxa máis competicións con categorías adaptadas, para todas as persoas con diversidade funcional. Porque o deporte é para tod@s.

@s atletas do Club conseguiron grandes marcas, entre as que se atopan varias MMPs, e récords para o ránking do CAS en lanzamento de martelo e en 400 m.

Para as categorías de Sub10 ( benxamín), Sub12 (alevín) e Sub14 (infantil), que competiron en 500 m, houbo pódium con trofeos e medallas.

Grazas a Caixabank pola colaboración para facelo posible, e moitos parabéns a tod@s @s que participastes!