This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

V Carreira Popular Correndo pola Praia de Razo

Cumpríronse as previsións, día despexado sen vento, marea baixa e calma, para a V edición desta carreira popular celebrada no marco incomparable da praia de Razo, na mañá do 26 de agosto.

Recorrido breve de 5 quilómetros, con máis auga que area por veces e sufrindo desde o primeiro momento os dous atletas do CAS participantes na categoría máster A, Eva Babiano García e Cristóbal Balseiro Pita.

Podio para Eva Babiano, 3ª absoluta clasificada. Suma e segue no avultado palmarés desta grandísima atleta, especialista en trail extremo.

Todo un luxo de adestradora e compañeira no CAS.

Podedes atopar os resultados da proba AQUÍ