This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

Subida á Picaraña – Campionato Galego Cadete

Esta mañá celebrouse a III Subida á Picaraña, no concello de Ponteareas, organizada polo Club Caminhantes do Condado.

Ademais da carreira popular, e por segundo ano consecutivo, a proba pertence tamén ao Campionato Galego Cadete de Carreiras por Montaña, onde os máis novos demostraron unha vez máis que a canteira vén pisando forte tamén no sector da montaña.

Tras percorrer o 6 km da proba, cun desnivel positivo de 450 m, Tomás López e Hugo Reinlein conseguiron alzarse co segundo e terceiro posto, respectivamente.

Iso é deixar o pavillón ben alto, parabéns, rapaces!

Podedes atopar a clasificación completa AQUÍ