This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

Saltar na Praia 2018

Os días 28 e 29 de xullo celebrarase na Praia Nova de Sada unha exhibición dos mellores saltadores galegos.

Van participar, entre outros, Alfonso Palomanes, Campión de España Absoluto de triplo salto, e Santi Ferrer, Campión Galego de pértega.

A sesión de exhibición dos saltadores de elite será o sábado a partir das 19:30. Anteriormente, o mesmo sábado ás 10:30 a selección galega xuvenil realizará un adestramento baixo o mando dos adestradores galegos Santi Ferrer, Mario González, Julio Alfonso Ventin e Alfonso Palomanes.

Ademais, o venres pola tarde ás 18:00, todos os nenos e nenas do Club Atletismo Sada ou participantes dos campus de verán do Club poderán probar os saltos cos adestradores da Federación Galega de Atletismo.

Para iso, só terán que mandar un correo electrónico á dirección secretaria@clubatletismosada.com, e poderán achegarse á Praia Nova e poñerse a orde dos adestradores do sector de saltos para realizar unha sesión de iniciación en lonxitude, triplo e pértega. Vai ser unha sesión divertida, sobre todo o salto con pértega na colchón.