This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

SALTAR NA PRAIA 2017

Os próximos 28 e 29 de xullo poderemos disfrutar na Praia Nova de Sada da exhibición de saltos a cargo dos mellores saltadores galegos. Participarán entre outros Alfonso Palomanes, Campeón de España Absoluto de Triplo Salto, e Sati Ferrer, Campeón Galego de Salto con Pértega. A sesión de exhibición cos saltadores de élite será o sábado a partires das 19:30. Previamente, o mesmo sábado ás 10:30 da mañá celebrarase un adestramento da selección galega xuvenil, ao mando dos seleccionadores galegos Santi Ferrer e Mario González, Xulio Ventín e Alfonso Palomanes.

Ademáis, o venres pola tarde, ás 18:00 todos os rapaces que queiran probar os saltos poderán achegarse á Praia Nova e poñerse as ordes dos adestradores do Sector de Saltos da Federación Galega de Atletismo, para realizar unha sesión de iniciación aos saltos, lonxitude, triplo e pértega. Será unha sesión moi divertida, sobre todo o salto con pértega na conchoneta.

Esperámosvos!

E, se queredes saber de qué estamos a falar, nada mellor que ver o vídeo da edición do ano pasado, que fixo Marcos Cenamor (grazas de novo, Marcos).

SALTAR NA PRAIA 2016