This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

Queres saltar na praia?

Queremos lembrarche que os días 28 e 29 de xullo teremos unha nova edición de SALTAR NA PRAIA en Sada.

O xoves (supeditado ao número de inscritos) e o venres pola tarde, ás 18:00, todos os rapaces que queiran probar os saltos poderán achegarse á Praia Nova e poñerse as ordes dos adestradores do Sector de Saltos da Federación Galega de Atletismo, para realizar unha sesión de iniciación aos saltos, lonxitude, triplo e pértega.

Será unha sesión moi divertida, sobre todo o salto con pértega na colchoneta.

Os entrenadores serán Alfonso Palomanes (campión de España de Triplo salto), Santi Ferrer (responsable da sección de saltos verticais da FGA) e Mario González (responsable da sección de saltos horizontais da FGA).

Para poder probar os saltos, só terás que cubrir o formulario ao que che leva o botón azul que aparece máis abaixo.

Animádevos!