This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

Novo acordo con AMURA para as equipacións do CAS

Onte firmamos un novo acordo con AMURA como proveedor de equipacións do CAS para os próximos 4 anos.

Tras varias semanas valorando unha ducia de propostas de distintas marcas deportivas, onte pola tarde pechouse o acordo con Maria Regojo, Directora Xeral e máxima responsable de AMURA.

Nos próximos días serán presentados os novos deseños das 3 seccións: Atletismo, Triatlón e Montaña.

A calidade das prendas, a proposta de deseño gardando sintonía entre as 3 seccións cos selos de identidade do CAS, así como a proposta da tenda on line, foron os factores que decantaron a decisión pola firma galega afincada en Vigo.

Nas vindeiras datas presentaranse os novos deseños, xa cos logos dos patrocinadores cos que se están pechando tamén os acordos para os próximos 4 anos.