This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

Todo listo para Saltar na Rúa en Pontevedra

Os próximos días 25 e 26 de agosto celebrarase, na Praza da Ferrería de Pontevedra, o evento «Saltar na rúa».

Un marco excepcional no que gozar dos saltos de atletismo, tanto a nivel iniciación, o venres  (coas sesións de aprendizaxe abertas a todos os que se queiran inscribir nelasnelas), como a nivel de exhibición, o sábado, coa presenza dos mellores especialistas de Galicia nestas disciplinas. Non te perdas a Jean Marie Okutu e a J. Alfonso Palomanes en acción!

Alí temos ao noso enviado especial do CAS, Alberto Morlán, para colaborar co equipo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Todo está preparado para empezar!