This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

III Carreira Popular do Apóstolo

O pasado sábado celebrouse, no concello de Laracha, a terceira edición da Carreira Popular do Apóstolo e, de maneira simultánea, tivo lugar a andaina saudable solidaria.

Cun ceo cuberto perfecto para correr, varios deportistas do CAS participaron nesta proba de 10K, pertencente ao Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación de Coruña, e acadaron algúns dos premios:

  • Noemí Moral Navazo, primeira clasificada da categoría Veterana Máster B
  • Tomás López Vizcaíno, primeiro clasificado da categoría Cadete (sub16)
  • Aroa López Vizcaíno, segunda clasificada da categoría Juvenil (sub18)

¡Moitas felicidades a todos!

Podedes consultar os resultados AQUÍ.