This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

II Torneo Intercentros – Proxecto TALENTUM

Seguindo co compromiso que o Club ten coa promoción do atletismo na Comarca das Mariñas, o luns celebrouse o II Trofeo Intercentros, dentro do Proxecto Talentum.

Neste caso, os institutos participantes foron o IES María Casares, de Oleiros, e o IES Pastoriza, de Arteixo, e @s alumn@s participaron en probas de lanzamento, saltos, velocidade e relevos.

Cunha mañá espectacular, as persoas participantes puideron probar algunhas das disciplinas do atletismo, e desfrutar dunha xornada de deporte e socialización con outr@s compañeir@s da comarca.

Desta forma, achegamos o atletismo aos nosos xoves, e contribuímos a incluír o deporte na vida diaria. E quizá esteamos a descubrir novos talentos.

Grazas ao Consorcio das Mariñas por facelo posible, e a tod@s @s asistentes por participar!