This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

Hoy entrevistamos a… Cristóbal Balseiro Pita

Hoy vamos a publicar la SEXTA entrevista a uno de los miembros de la familia del CAS, muchas veces anónimos, otras veces muy conocidos, que participan en muchas pruebas con la camiseta del CAS.

Quién mejor, para realizar las entrevistas, que nuestra querida SARDINA DEL CAS, que formulará ocho preguntas, siempre iguales para TODOS.

Pues, ¡empezamos!

 

HOY ENTREVISTA CON… CRISTOBAL BALSEIRO PITA

         Hoy entrevistamos a alguien con el que acabo de compartir 26 km de tirada larga. Es curioso lo cercana que me ha resultado su conversación con el paso de los kilómetros.

Es como si viviéramos vidas paralelas y debo afirmar que, si la modestia tuviera nombre, posiblemente se llamaría…Cristóbal.

Es un honor poder hacer esta entrevista con alguien que ve el deporte como un reto, muchas veces inalcanzable, pero ante el cual siempre presenta batalla, esperando que en algún momento se deje abrazar.

¡Espero que lo alcances querido amigo!

 

Primera

Cuéntanos algo sobre ti, ¿Cómo te llamas? ¿En qué categoría compites?

Pois chámome Cristóbal Balseiro Pita, nacín en Burela en 1970, e a pesares que xa levo moitos anos vivindo na Coruña, e máis en Oleiros, sigo dicindo que son da Mariña lucense, o cal non quere dicir que non teña debilidade pola comarca da Coruña…, e se vivise noutro país pois tamén o apreciaría, aínda que sen esquecer as miñas orixes claro.

“Compito” na categoría de veteranos, e dentro desta tería que mirar en que clase, veteranos 2 quizais, non estou seguro. Participo en carreiras populares sobre todo en ruta, gústame moito e desfruto; pero eu non son dos que gañan carreiras, nin dos que se acheguen ó podium, polo que non sinto que realmente compita.

 

Segunda

¿Cómo empezaste en atletismo?

A palabra atletismo quédame grande, pois eu só corro (e de xeito pouco atlético) e non sei saltar, nin lanzar nada. É máis, estudei nun colexio no que facían atletismo, probas de velocidade e resistencia, salto de altura, de lonxitude, peso, disco, de todo, mentres que nos outros colexios da zona practicamente non pasaban do campo a través. E como eu era un auténtico paquete pois non o pasaba nada ben.

Podo dicir que empecei en “atletismo” desde que participei en carreiras populares hai catro anos, se ben desde facía moito tempo xa corría a un ritmo moi suave (o que antes se chamaba footing)

 

Tercera

¿Cómo conociste al CLUB ATLETISMO SADA?

Coñecín o Club Atletismo Sada (CAS) a raíz de inscribir ós meus fill@s na I carreira benéfica da auga organizada polo CAS no 2011, máis tarde asociámonos a familia ó CAS para que fixeran atletismo e tiveron un gran adestrador, Manuel Ferreira, o cal lles aprendeu moitas cousas.

Mentres quedaban entrenando nas pistas do Inef, eu aproveitaba para correr pola zona, e cruzábame co numeroso grupo de veteranos CAS que tamén entrenaba a esas horas. Eu escoitaba á entrenadora Raquel Armesto “¡Mirar al frente, no al suelo!” A verdade é que incitaban a correr… ó ano seguinte apunteime a adestrar con el@s e xa quedei enganchado. Son unha xente e unhas entrenadoras maravillosas, como o resto dos integrantes do CAS, fan que todos nos sintamos importantes, tanto quenes gañan carreiras coma quenes simplemente corren sen competir.

 

Cuarta

¿Cuál es tu mayor logro deportivo? Por favor cuéntanos un poco como ha sido, dónde, alguna anécdota que ocurrió ese día o en cualquier otra prueba.

Pois se a uns lles dá por correr maratóns ou facer triatlóns antes dos 50, a min deume por federarme e correr en pista…e participei hai pouco na proba dos 3000 m nas pistas de Narón. Baixei de 4 minutos o km, o cal é todo un logro para min.

Pois ese día fun un pouco á bruto, só adestrara un día na pista e alí me vexo no medio de auténticos atletas… Coma sempre fun ó máximo que podía sen mirar tempos nin nada, quedei penúltimo da serie e dobráronme case todos os corredores, pero animáronme tanto os compañeir@s e entrenador@s do CAS, que puiden manter o ritmo e desde logo paseino estupendamente.

Quinta

¿Cuál es tu prueba favorita? ¿Hay alguna prueba en la que te gustaría participar y no lo haces, por pensar, que lo vas a hacer mal o porque no te atreves?

A miña proba favorita son as carreiras de 10 km en ruta, porque son as que máis fixen.

Non me atrevo a correr un maratón porque creo que sufriría máis da conta. Preparalo ben esixiriame moito adestramento programado, e iso non vai tanto comigo porque eu non son moi metódico para correr.

O ano pasado estreneime na media maratón de Coruña e serviume para pasar da barreira da hora correndo, tamén fixen a media das Catedrais (máis dura). Teño ganas de volver a facer a media deste ano na Coruña aínda que estou saíndo moi pouco agora. Non me importa demasiado ir pouco entrenado esta vez e, se finalmente podo ir, intentarei ir ó teu ritmo Manuel!

 

Sexta

¿Podrías decirme algún atleta o persona ligada al atletismo que quieras mencionar por sus méritos deportivos o como persona? Cuéntanos algo sobre el/ella y porqué consideras que merece la pena mencionarla.

Sen ir moi lonxe podería mencionar a moit@s entrenad@res-atletas do CAS, tanto polo seus méritos deportivos como pola seu labor levando equipos de nen@s e persoas adultas; así coma ó persoal directivo e organizador de eventos benéficos e de integración social.

E aínda que non son moi coñecedor deste mundo, vou mencionar a alguén que non pertence a este clube, pero é ben coñecido por moita xente do CAS, Marco Piriz Verdura. Foi un atleta excepcional, ten marcas espectaculares a nivel de Galicia como por exemplo en 3000 m obstáculos, participou no campionato de España desa proba con Domingo Ramón (atleta olímpico), levou tamén a antorcha olímpica nas olimpíadas de Barcelona e é unha gran persoa..

 

Séptima

Dime lo primero que te viene a la mente, al escuchar estas palabras:

CROSS: Mondego, Menhires

VELOCIDAD: Probas que son dignas de ver

CLAVOS: Os que sempre lles tiña que recordar ós meus fill@s que levasen para atletismo.

EQUIPO: O CAS, Running Oleiros

PISTA: Incita a correr pero cansa moi axiña

CAS: Adestramento cos compañeir@s

 

Octava

¿Qué le dirías a tu amigo, para convencerle de que venga a hacer atletismo?

Que se anote no CAS. Xa convencín a varias persoas, que se anotaron e gustoulles.

 

 

Con el paso de las entrevistas, no sé vosotros, pero yo empiezo a tener curiosidad por lo que dicen muchos de los que las estáis leyendo.

¡Cuánto se aprende escuchando a los compañeros!

Ya estoy deseando leer la siguiente entrevista, no sé vosotros.

¡Adiós, querida FAMILIA del CLUB ATLETISMO SADA!

 

 

Manuel Ferreira Varela (CAS)