This is a demo store for testing purposes — no orders shall be fulfilled. Descartar

O Consorcio das Mariñas co Proxecto Talentum do CAS

Impulso importante a promoción do atletismo das Mariñas grazas a colaboración do Consorcio das Mariñas co Club Atletismo Sada no Proxecto Talentum.

Grazas a este importante acordo, alumnos de 18 Institutos das Mariñas participarán en 5 xornadas nas pistas de INEF, nas que os adestradores do CAS deseñarán un circuíto de tal xeito que todos os rapaces fagan, como mínimo, unha proba de velocidade, lanzamento, saltos e relevos.

O obxectivo é explicar aos rapaces as distintas disciplinas do atletismo sobre a propia pista, de tal forma que se promocione o atletismo e, o mesmo tempo abrir as portas do club a todos aqueles que se queiran incorporar aos adestramentos.

Ademais, as xornadas rematarán con unha lúdica competición inter-centros como broche final.

FirmaConsorcioAM_Talentum