18/12/2026
Este Nadal, as rúas de Sada volverán brillar co deporte e a solidariedade! O vindeiro 18 de decembro de 2026, chega a X Carreira Nocturna de Sada – Ninguén sen Nadal, organizada polo Concello de Sada e o Club Atletismo Sada na contorna das Brañas.
Unha noite máxica para correr en familia, con amigos ou en equipo, con probas pensadas para todas as idades e capacidades:
Ademais de desfrutar dun ambiente único baixo as luces do Nadal, estarás achegando o teu gran de area: o importe íntegro das inscricións doarase a Cruz Roja e Cáritas de Sada, en favor dunha campaña social para axudar aos máis desfavorecidos nestas datas.
As inscricións están abertas ata o 17 de decembro ás 23:59 h en https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3156/x-carreira-nocturna-de-sada-ninguen-sen-nadal (con tarifas reducidas ata o 14 de decembro ás 23:59 h: 6 € adultos / 3 € menores, e do 15 ao 17 de decembro: 15 € adultos / 10 € categorías infantís e inclusiva).
¡Calza as zapatillas, únete á festa do atletismo solidario en Sada e fai que ninguén quede sen Nadal!