Imos con forza a pechar o ano como mellor sabemos: xuntándonos para charlar, comer, brindar e bailar ata que o corpo aguante! ??♂️?♀️
Dende o Club Atletismo Sada convidámoste á nosa Cea de Nadal, unha velada moi especial para compartir sensaciós da tempada, gozar do agardado discurso do presidente e rematar a noite con DJ ata as 2:30 h!
- Data: Sábado 12 de decembro de 2026
- ?Lugar: Hotel Attica de Bastiagueiro
- ⏰ Horario:
- Previa na barra cunha caña ou refresco
- 21:30 h: Cea
- 23:00 h: Discurso do presidente
- 23:20 h – 02:30 h: Sesión DJ (con barra a 2,5 € refresco/cervexa e 7 € copas)
?️ Menú:
- Entrantes ao centro: Croquetas melosas de xamón, empanada do obrador, bocaditos de xamón e salmorejo, e minibaos de pulled pork
- Entrante: Crema de cabaza e castañas con emulsión de peperoncino e pergamiña
- Prato principal (a elixir): Envoltini de polo con pesto, mozzarella e noces puntalete con tomate semiseco, ou lombo de rodaballo con pataca panadeira
- Sobremesa: Tarta de queixo con xeado de froitos do bosque e améndoa
- Bebidas e café: Viño Ferrador D.O. Ribeiro, Óbalo Rioja Xove D.O., auga, refrescos, cervexa e café ou infusións
?Inscricións: Pechan o 1 de decembro! Apúntate xa no formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdhR05XCXUS7lSQOUK1cRmaTIkYVmFF_w41GmU-hykkioA83g/viewform?usp=header Lembra indicar no formulario se tes algunha intolerancia alimenticia. A pasarela de pago enviarase ás persoas inscritas.
¡Non o deixes pasar e ven brindar por un ano inesquecible coa familia do CAS!