Circuito Galego de Carreiras por Montaña 2017
A Federación Galega de Montañismo organiza cada ano o Circuito Galego CxM TERRA – FGM . Este fin de semana, a nosa compañeira Fabiola recolleu o trofeo ao terceiro posto na clasificación de “Mellor equipo feminino” do circuíto co que se fixo o equipo de mulleres do CAS Montaña, grazas á participación de Covadonga Gallego Villasenin, Rosa Rodríguez e Cristina Yudego.
O premio chegou de sorpresa, así que dobre alegría.
Moitas felicidades, e a seguir gozando da montaña!
Podedes atopar as clasificacións AQUÍ