VIII Carreira popular do concello de Mesía (por Javier Pereira)

O pasado sábado 28 de xullo tivo lugar en Visantoña e Olas a VIII Carreira popular do concello de Mesía, na que 5 atletas do CAS participaron na modalidade de 6 kms (Concha Novás, Fina Sánchez, Jesús Santaya, José Luís Roibás e Javier Pereira), mentres que na modalidade de 12 kms participou Silvia Gestal.

Nunha preciosa tarde, cun moi bo ambiente e mellor organización, os atletas do CAS acadaron estes magníficos resultados:

  • Concha Novás, 1º posto na clasificación xeral feminina 6 kms.
  • Silvia Gestal, 2º posto na clasificación xeral feminina 12 kms.
  • José Luís Roibás, 3º posto na clasificación xeral masculina 6 kms.

Logo da entrega de trofeos a organización agasallou a todos os atletas cunha chea de pinchos.