VII Campionato de Galicia por equipos

Gran xornada a de onte en Lugo, no VII Campionato de Galicia por equipos. Pola mañá, benxamíns ( Sub 10) e alevíns ( Sub 12), e pola tarde os infantís ( Sub 14), demostraron o bo estado de saúde da nosa canteira.

Cun ambiente espectacular na bancada, e competindo con novos atletas vindos de toda Galicia, os máis pequenos do CAS déronnos alegrías e moitas leccións de deportividade e compañeirismo.

A clasificación por equipos deixounos un 4º posto para o equipo benxamín, 7º posto para o equipo alevín e 8º posto para o equipo infantil.

Felicitamos a tod@s el@s polo esforzo, pola alegría e por eses bos intres que nos fan pasar.

Ademais, conseguimos mellorar marcas do Ranking CAS e obtivemos moi bos resultados nalgunhas probas.

Parabéns a tod@s!

Podedes atopar aquí todos os resultados nestas ligazóns: Benjamíns (Sub 10), Alevíns (Sub 12) e Infantís (Sub 14).