VI Carreira Popular Benquerencia Terra Mar (por Javier Pereira)

Tamén atletas do CAS participaron na VI Carrera Popular Benquerencia Terra Mar, celebrada na tardiña do 5 de agosto.

As atletas do CAS que participaron foron Alba Chacón, na categoría benxamín, Lara Chacón, na categoría infantil, Lucía López, en categoría veterana B, e Eva Babiano, na categoría veterana A.

E malia a calor abafante e a molladura na praia, as 4 atletas do CAS competiron moi ben, acadando Alba un magnífico 2º posto na súa categoría e Eva tamén un meritorio 3º posto na categoría de veterana A.

Podedes atopar os resultados da proba AQUÍ