II Carreira Trail do Branco Lexítimo, en Paderne

O pasado domingo celebrouse a II edición da CarreiraTrail do Branco Lexítimo, no concello de Paderne.

Este ano participaron 8 corredores do CAS Montaña, tanto para tomar a salida no trail longo, de 21 km e 840 m positivos, como na versión curta, de 11 km e 450 positivos.

Iván, Arantxa, Roberto y Jorge, noraboa pola carreira! E este ano tivemos triplete no trail longo, con José Ángel Díaz, David Alonso e Pablo Seoane como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Ademais, David Cruz Soto fíxose co terceiro posto do trail curto. Bravo!

Podedes atopar os resultados do trail longo AQUÍ, e os do trail curto AQUÍ