I Campionato de Galicia Máster por Clubs

Ao longo do fin de semana celebrouse, nas pistas de atletismo da Universidade, en Elviña (A Coruña), o I Campionato de Galicia Máster por Clubs, no que participaron o equipo masculino e o feminino do CAS.

Despois da participación d@s atletas nas probas, e tras unha estupenda actuación acadando moi bos resultados ao longo da xornada, as mulleres do Club Atletismo Sada proclamáronse subcampeonas de Galicia por equipos, nesta categoría Máster.

Noraboa a todas, sodes grandes!!

E, por suposto, moitos parabéns tamén ao equipo de homes do Club que, pese a non ter representación en todas as probas (quedaron sen cubrir dúas delas), conseguiron clasificarse en sexta posición, facendo un gran papel en todo o campionato.

Podedes consultar os resultados AQUÍ.