Éxito en Saltar na Praia 2017

Rematou o Saltar na Praia dese ano, cun éxito enorme de afluencia de público, e non foi para menos. Unha vez máis, o Club Atletismo Sada e o Concello de Sada axuntaron esforzos para conseguir que este evento vaia conseguindo un oco importante no calendario de verán.

A presenza dos grandes especialistas galegos en materia de saltos, xunto aos adestramentos das novas promesas e a posibilidade ofrecida aos máis pequenos de formar parte deste evento e de probar as disciplinas de lonxitude, tripla e pértega, converteron a Sada este fin de semana no lugar perfecto para practicar e gozar deste deporte.

Grazas ao sector de saltos da Federación Galega de Atletismo, que coa presenza de Santi Ferrer, Mario Rodríguez, e o campeón de España Alfonso Palomanes, puidemos obter un elevadísimo nivel de calidade nos adestramentos, exhibicións e probas.

Queremos agradecer tamén aos nosos patrocinadores, Decathlon Oleiros e Disnav, a súa colaboración no evento, xa que sen eles non podería levarse a cabo.

Podedes ver as estupendas fotografías que sacou David Boleas da gran xornada do sábado AQUÍ, as dos atletas compartindo foto con Usain Bolt AQUÍ, e outras varias de ambos os días AQUÍ.

Moitísimas grazas pola vosa asistencia e participación. Esperámosvos a tod@s o próximo verán!