53ª Behobia – San Sebastián 2017

Este pasado domingo tivo lugar a 53ª edición da Behobia-San Sebastián, e alí estivo un nutrido grupo do Club Atletismo Sada. De entre todos eles, Covadonga Galego, que a corre por segunda vez, animouse a contarnos a súa experiencia. Grazas, Cova! Seguro que o ano que vén much@s repiten, e outr@s tant@s estréanse… 
“Correr a Behobia é algo que paga a pena facer unha vez na vida. Ainda que si a corres o ambiente é tal que queres volver. É totalmente diferente a calquera outra de asfalto a xente vasca vólcase c@s corredores e sin darte conta vante levando cos seus ánimos e apoio á meta.
O ambiente previo é brutal e os/as do CAS vivímolo contaxiados pola ilusión dalgúns que xa probaran outros anos e non poden deixar de ir. Os nervios de antes da carreira, entre mais de 30.000 persoas, imos atopándonos cos amigos e as amigas do Club abrazámonos, rimos, sacamos fotos para compartir cos que non puideron vir.
Ímonos apoiando uns a outros e xa na meta mestúrase a satisfacción de ter feito unha carreira incrible coa emoción de ir vendo chegar aos amig@s entre suor, apertas e sobre todo sorrisos. Tod@s comentamos o mesmo “para o ano outra vez”.
A Behobia é outra historia haina que vivir!!!”